miércoles, 7 de septiembre de 2011

I ENCONTRO OFF CREADORES NOVOS 07-08 SET 2011 DIÁLOGO ABERTO SOBRE CREACIÓN CONTEMPORÁNEA

I ENCONTRO OFF CREADORES NOVOS 07-08 SET 2011
DIÁLOGO ABERTO SOBRE CREACIÓN CONTEMPORÁNEA

En paralelo ao I Econtro de artistas novos "Cidade da Cultura" diálogo construtivo sobre arte contemporánea, 
( http://www.cidadedacultura.org/cultural/seccion.aspx?Id=116 ) que mediante lista pechada se celebrará en Santiago de Compostela do 4 ao 9 de setembro na Cidade da Cultura, o I Encontro Off de creadores novos "Cultura de cidade" ofrece en Baleiro un espazo aos creadores locais, nacionais e internacionais para manter unhas xornadas de traballo e reflexión públicas e abertas sobre a arte, a cultura contemporánea e as súas problemáticas .

Este espazo común convértese así en posibilidade de intercambio, traballo e reflexión sobre aspectos esenciais da creación artística e a súa proxección no mundo real mediante a construción crítica, colectiva e profesional dunha política cultural posible.

Os obxectivos do encontro son os seguintes:

1. A convivencia entre creadores e profesionais en activo.

2. Analizar a situación local da creación contemporánea e a súa produción co obxectivo de identificar as problemáticas políticas e económicas que lle están a afectar.

3. Proporcionar un espazo de encontro e traballo para a construción e organización colectiva de coñecementos e recursos que poidan aportar solucións a curto, medio e longo prazo, para as problemáticas identificadas.

4. Proporcionar aos participantes e cidadáns un lugar de acceso directo a redes de traballo e recursos comúns aínda non consolidados.

5. Reflexionar cos participantes sobre os usos das principais infraestruturas do territorio galego dedicadas á creación e a produción cultural contemporánea.


Co fin de fomentar a convivencia entre os distintos participantes durante as dúas xornadas do Encontro é condición necesaria o envío dun mail a encontrooffculturadecidade@gmail.com manifestando a vontade de participación e indicando: 1. o nome e actividade da persoa ou colectivo interesado; 2. Tres problemáticas concretas e actuais que se considere están a afectar ao seu traballo no eido artístico ou cultural.

Data límite de envío: 5 de setembro de 2011

Ademais, no marco do encontro terá lugar o programa “Patio Aberto”, onde se dará a tódolos creadores a oportunidade de expoñer publicamente os seus propios proxectos artísticos. Os interesados en participar neste programa deberán indicalo no mail e agardar a resposta do equipo de coordinación, que resolverá calquera cuestión sobre a produción dos proxectos.

A estrutura das xornadas artellarase en presentacións breves dos participantes, identificación de problemáticas a abordar, reparto de tarefas, constitución de mesas de traballo, elaboración de informes colectivos e conexións on line con recoñecidos profesionais e expertos para a solución de dúbidas técnicas, legais e profesionais de carácter puntual.

Damos desde aquí a benvida aos participantes que forman parte deste proxecto que se encadra nas accións da cultura de base destinadas a intervir na política cultural en Galicia.

PROGRAMA

Mércores día 7
10:00 Recepción e almorzo.
11:00 Presentación de participantes

13:30 Patio Aberto
14:00 Comida
15:30 Patio Aberto

16:00 Identificación de problemáticas a resolver (inmediatas - obxecto de solución na segunda xornada do Encontro, a medio prazo - para as que se constituirán liñas e grupos de traballo- e a longo prazo - obxecto dun informe base de accións futuribles)
19:00 Reparto de tarefas e funcións dos participantes. constitución das mesas de traballo.

20:00 Patio Aberto
20:30 Cea

21:30 Programa lúdico nocturno.


Xoves día 8
10:00 Almorzo
10:30 Traballo por mesas e posta en común cada dúas horas.

13:30 Patio Aberto
14;00 Comida
15:30 Patio Aberto

16:00 Traballo por mesas, posta en común final e organización de documentación.

20:00 Patio Aberto
20:30 Cea

21:30 Programa lúdico nocturno e Peche.

No hay comentarios:

Publicar un comentario