viernes, 1 de julio de 2011

Estrea de Oiseau Rebelle no festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas






oiseau rebelle

Estrea mundial e intergaláctica o martes 5 de xullo no Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.
O amor é un paxaro rebelde, / que ninguén o pode engaiolar, / e é inútil chamalo / se non quere contestar.  ('L'amour est un oiseau rebelle', Opera Carmen de Georges Bizet)

Oiseau Rebelle (pájaro rebelde) é un espectáculo de teatro-danza verbal, plástico e sonoro que dialoga acerca do imaxinario amoroso e des-amoroso. Un ritual do corazón como músculo, como metáfora e como alimento.

Somos víctimas e verdugos deste obxecto de desexo. Somos xogadoras do tres en raia, do escondite, de bico, verdade ou consecuencia. Estamos no meollo, no ollo do furacán, no centro de gravidade permanente. Sufrimos máis que ninguén, amamos mal, tarde e a rastras. Buscamos a Nemo, a Jacks, ao home do saco. Pintamos un corazón co teu nome dentro, unha acuarela de ilusión, a mona. Desexamos amar, voar, saltar sen rede. Temos medo da noite que vira, “a oscuridade cae sobre mín”. Poderiamos facer isto, o outro, o de máis aló. Poderiamos ser boas, malas, regular.


No hay comentarios:

Publicar un comentario